O Pleno das Pontes aproba por unanimidade a conta xeral do ano 2018

TerraChaXa
O pleno do Concello das Pontes aprobou, por unanimidade, a conta xeral do ano 2018.
15 Nov 2019

O pleno do Concello das Pontes aprobou, por unanimidade, a conta xeral do ano 2018. A concelleira de Facenda, Maite Mendez, durante a parte expositiva do pleno, explicou que o Concello, como xestor de fondo públicos, ten a obriga de informar sobre a súa conta xeral cada ano.

Esta conta inclúe o balance de gastos, ingresos, beneficios u perdas do muncipio durante ese período de tempo, informa sobre a situación patrimonial do concello así como sobre o modo no que executou o orzamento da entidade local, “ofrecendo datos sobre canto e en que se investiron os fondos públicos” subliñou a edil

Así, a conta xeral do ano 2018 , recolle na súa memoria un balanzo positivo. Durante este período o volume de ingreso foi superior ao de gastos, pechándose o ano 2018 cun remanente en tesourería de máis de 1,5 millóns de euros.

Asemade, a conta do resultados económico patrimonial, aumentou en catro millóns con respecto ao ano anterior, superando os 74 millóns de euros.

En palabras da concelleira “toda a informacion reflectida na memoria da conta xeral, amosa que o Concello das Pontes cumpre co principio de estabilidade orzamentaria e co regra de gastos, datos que son un claro indicador da boa xestión realizada polo grupo de goberno”.

Pola súa banda, Antonio Alonso, fixo fincápé en que “a situación económica do concello é óptima, con débeda cero desde o ano 2007, cun superávit anual dunha media de 6 millóns de euros e cun saldo dispoñible actual, nas contas do Concello, próximo aos 7 millóns de euros”

NNSS do ámbito da Canle IV

O pleno do Concello das Pontes tamén aprobou, por unanimidade, o anexo de atapación do texto de modificación puntual das normas subsidiarias do ámbito da Canle IV, solicitado pola Axencia Galega de Infraestruturas, referido ó sistema de infraestruturas e mobilidade.

0.19585800170898