O Pleno de Begonte pide á Deputación a construción dunha residencia de maiores
TerraChaXa
O pleno de Begonte acordou por unanimidade pedir á Deputación Provincial a construción dunha residencia da terceira idade.
5 Abr 2023
O pleno de Begonte acordou por unanimidade pedir á Deputación Provincial a construción dunha residencia da terceira idade como as que se están a facer noutros concellos.
Este punto de día foi unha proposta do equipo de Goberno, que preside o popular José Ulla, que foi respaldado polos votos dos dous concelleiros socialistas.
Propón o Concello para est infraestrutura os terreos propiedade da Comunidade de Montes que se atopan ao lado da praza de Baamonde, moi preto do actual centro de día.
Ademais, o alcalde invitou aos concelleiros socialistas a realizar as xestións necesarias co equipo de Goberno da Deputación para acelerar aposta en marcha desta iniciativa.