O Pleno de Cospeito aprobou un plan antifraude e unha nova ordenanza de aproveitamento de dominio público

TerraChaXa
O Concello de Cospeito aprobou no último Pleno someterse a un plan antifraude, que foi respaldado pola oposición, que ten como obxectivo contribuír á transparencia na xestión dos fondos NexGeneration da Unión Europea e garantizará un bo uso dos mesmos coa finalidade de loitar contra a corrupción.
Casa_concello_Cospeito
4 Oct 2023

O Concello de Cospeito aprobou no último Pleno someterse a un plan antifraude, que foi respaldado pola oposición, que ten como obxectivo contribuír á transparencia na xestión dos fondos NexGeneration da Unión Europea e garantizará un bo uso dos mesmos coa finalidade de loitar contra a corrupción.

Así mesmo aprobouse unha nova ordenanza de aproveitamento especial de dominio público municipal polas instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos. Esta nova ordenanza, que se está a aprobar tamén noutros concellos da provincia, como o de Rábade, implica un plus económico para as arcas municipais que no caso de Cospeito están valorados en 90.000 euros. Pola súa banda, o PSOE votou a favor coa condición de que esta ordenanza non afectara a instalacións veciñais.

Ademais, houbou acordo da oposición tamén na aprobación dos festivos locais, que se establecen o 13 de febreiro e o 8 de setembro; no incremento retributivo dos traballadores municipais, que recolle a lei; no cambio de denominación das comisións de festas para que poidan acceder ás subvencións, e no expediente de investigación dun camiño.

Por outra banda, a maioría do PP respaldou a súa petición de modificación de créditos, ao que votou en contra o PSOE “xa que non se aclara para que se fai esa modificación, polo que votamos en contra”, explicou Daniel Irimia.

Tampouco apoiaron a conta xeral porque “no informe de intervención explícase claro que este Concello debe máis do que se recada, polo que non hai solvencia financeira a longo prazo, logo de saldos negativos recurrentes”.

Irimia engadiu que o Concello de Cospeito está sometido a un plan de axuste para poder pagar as débedas acumuladas a proveedores “e seguimos a ter o mesmo problema”.

CRISPACIÓN NA QUENDA DE PREGUNTAS

Unha vez chegada a quenda de preguntas do PSOE, o ambiente no pleno crispouse entre Goberno e oposición. Os socialistas acusaron ao alcalde, Armando Castosa, de "perder as formas por completo, porque quere cambiar a dinámica da anterior lexislatura. Dase conta de que temos argumentos para rebatirlle e o único que lle queda é utilizar palabras despectivas para botarnos do Pleno”.

O PSOE preguntou sobre os mesmos temas que en ocasións anteriores, como a paralización do PXOM, as obras na Lagoa, os cargadores eléctricos ou a situación da Torre de Caldaloba, actuacións comprometidas polo Goberno local.

Así mesmo preguntouse por actuacións máis locais en parroquias como Vilapene, Momán ou Muimenta. Insistiu o PSOE na limpeza de rúas e tamén no polígono de Cospeito e recomendou a redacción dun plan de acción fronte aos asolagamentos que teñen lugar todos os anos.

“Con esta actitude cortante, despectiva e alterada ante os membros da oposición o que parece que quere é que nos levantemos do Pleno. Nós manteremos as formas porque o seu comportamento non está á altura dun político que foi senador e que hoxe é deputado provincial”, concluíu Irimia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15993499755859