O Pleno de Guitiriz aproba a ampliación de uso na nave do Senpa e dúas parcelas

TerraChaXa
Hoxe celebrouse, de xeito telemático, un pleno extraordinario do Concello de Guitiriz no que, ademais de levarse a cabo o sorteo das mesas electorais, aprobouse por unanimidade a modificación dos usos na nave do Senpa e de dúas parcelas no parque empresarial.
Pleno15062020
16 Jun 2020

Este acordo servirá para ampliar os usos destas tres parcelas e poder dedicalas practicamente a todo o contemplado na Lei do Solo de Galicia. “Permitirá que o Concello dispoña de solo para facer novos investimentos en equipamentos deportivos, sociais ou culturais”, explicou a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira.

Ademais, a rexedora tamén precisou que “facemos agora a moficación para acurtar os prazos xa que neste caso, a través das normas subsidiarias, é un procedemento máis áxil que se se tivese que facer co PXOM en vigor”.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17720317840576