O pleno de Guitiriz aprobou a nova composición do goberno municipal

TerraChaXa
O pleno de Guitiriz aproba a nova organización do goberno local. Haberá unha dedicación exclusiva, a da alcaldesa, e cinco parciais.
PLENO CONCELLO GUITIRIZ
10 Xul 2023

Neste mandato haberá unha dedicación exclusiva, a da alcaldesa, e cinco parciais.

Hoxe, luns 10 de xullo, celebrouse un pleno extraordinario do Concello de Guitiriz no que se presentou e aprobou a nova estrutura do goberno local e a organización que rexerá o funcionamento municial de cara ao novo mandato.

Así, a alcaldesa, Marisol Morandeira, asumirá a área de Presidencia; a primeira tenente de alcaldesa, Paula Campo Barral, a área de Coordinación de Goberno, Réximen Interior e Medio Ambiente, o segundo tenente de alcaldesa, Iván Morado Corral, a área de Xuventude e Deportes; o terceiro tenente de alcaldesa, Carlos Buján López, a área de Medio Rural e Coordinación de Obras e Servizos nas parroquias; a concelleira Pilar Vázquez Ares a área de Promoción e Dinamización Económica (turismo, consumo, hostalería e comercio); ao concelleiro Ramón Rivas Villares a área de Cultura, Igualdade, Diversidade e Emprego; e á concelleira Sofía Sánchez Miragaya, a área de Integración, Promoción e Servizos Sociais.

En canto ao réxime de dedicacións, aprobouse unha dedicación exclusiva para a alcaldesa e cinco dedicacións parciais para: a concelleira de Coordinación de Goberno, Réximen Interior e medio Ambiente, o concelleiro de Xuventude e Deportes, o concelleiro de Medio Rural e Coordinaciónd e Obras e Servizos nas parroquias, a concelleira de Promoción e Dinamización Económica e o concelleiro de Cultura, Igualdade, Diversidade e Emprego.

Tamén se aprobaron as retribucións dos membros da corporación por asistencia a órganos colexiados, quedando da seguinte forma: asistencia a Plenos, 90 euros; asistencia a Xuntas de Goberno Local, 150 euros; asistencia a comisións informativas, 60 euros.

Ademais, acordouse que se celebren as sesións ordinarias do Pleno da Corporación cada dous meses, o último xoves dos meses impares ás 19.30 horas.

Votacións da orde do día

Foi aprobada por unanimidade os puntos da orde do día da periodicidade das sesión ordinarias do Pleno e da Xunta de Goberno Local; así como a creación e composición das Comisións Informativas eda Comisión Especial de Contas.

As delegacións do Pleno na Xunta de Goberno Local foron aprobadas cos votos a favor do PSOE, a abstención do PP e en contra do BNG. Pola contra as retribucións e indemnizacións dos membros da Corporación e Grupos Politicos. contou cos votos a favor do PSOE e PP e abstención do BNG.

O réxime de dedicacións dos concelleiros/as do equipo de Goberno foi aprobada cos votos a favor do PSOE, a abstención do BNG e en contra do PP.

Para finalizar, o nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados competencia do Pleno obtivo os votos a favor do PSOE e a abstención do PP e BNG.

0.22318911552429