O Pleno de Muras tumba de novo o pago a proveedores e as axudas a estudantes e asociacións

TerraChaXa
PP e PSOE votaron en contra das medidas propostas polo equipo de Goberno nunha bronca sesión
pleno-concello-de-muras
Un momento do Pleno
28 Xuño 2024

A situación segue enquistada en Muras logo da celebración dun novo Pleno municipal, no que PSOE (1 concelleiro) e PP (3 concelleiros) votaron en contra da proposta de modificación das contas de grupo de goberno do BNG (3 concelleiros), polo que seguirán sen poder pagarse as facturas a provedores.

Esta negativa de apoiar este punto volve bloquear unha vez máis o proceso de goberno, xa que tampouco puido darse para diante as axudas para asociacións e estudantes que se convocan todos os anos desde o cambio de goberno.

O alcalde, Manuel Requeijo, indicou que de non pagarse as facturas pendentes, Repsol anunciou que se cortaría o subministro de luz e que outras moitas terán intereses de demora que se cargarán ás contas muncipais.

Por todo isto, invitou á oposición a facer unha moción de censura, algo que o Partido Popular, a cargo de Eugenia Requeijo, non descarta.

Afirman as dúas representantes da oposición que o problema está en que o alcalde non senta a negociar mentres que o mandatario afirma que as dúas están en connivencia para bloquear o goberno local.

Debate bronco para rematar a sesión sobre as axudas ás asociacións, nas que o PSOE pedía equidade mentres que o Concello defende a diferenciación económica da aportación en función do traballo que desenvolven.

0.14723491668701