O Pleno de Outeiro aproba o plan de emerxencia contra a seca

TerraChaXa | LugoXa
A corporación de Outeiro de Rei reuniuse onte para a aprobación do plan de emerxencia ante situacións de seca.
pleno outeiro de rei
30 Dec 2021

A corporación de Outeiro de Rei reuniuse onte para a aprobación do plan de emerxencia ante situacións de seca, que regulará a xestión da auga da rede de abastecemento, captada nos ríos Miño e Ladra.

Este plan, promovido por un convenio entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), contempla medidas como a baixada de presión na rede ou a regulación do consumo de auga mediante cortes. Contou co respaldo de grupo de Goberno, tres votos en contra e unha abstención.

Así mesmo, o pleno deu o visto bo á concesión da bonificación do 50% no Ibi e a licenza de obra pola creación de emprego á empresa Destinos Galicia, para a construción de apartamentos turísticos no municipio. Esta medida contou coa negativa dos dous grupos da oposición.

Tamén foi aprobada cos votos a favor do PP e as 4 abstencións da oposición a conta xeral do exercizo 2020.

Por outra banda, o equipo de goberno rexeitou unha moción do BNG sobre a conservación da Casa do Maiordomo, que pasou a ser propiedade da Xunta ante a falta de herdeiros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18520283699036