O Pleno de Outeiro de Rei aproba cos votos do PP as contas xerais do ano 2023
Celebrouse un pleno extraordinario este xoves no Concello de Outeiro de Rei, no que se aprobou por maioría absoluta as contas xerais do ano 2023. A votación resultou con 8 votos a favor, 2 en contra e 1 abstención. Cabe destacar a ausencia dun concelleiro do PP e doutro do BNG.
O equipo de goberno destacou que esta aprobación permitirá consolidar a liña de traballo seguida nos últimos anos, unha estratexia que situou a Outeiro de Rei como un dos concellos de maior crecemento económico na provincia de Lugo. Ademais, o municipio segue destacando polo incremento constante da súa poboación, froito dunha xestión eficiente e comprometida co benestar dos seus veciños.
Un dos puntos fortes destes orzamentos é que reflicten a capacidade do Concello para "facer máis con menos. A pesar de contar cun dos niveis de impostos máis baixos da comarca, a administración local conseguiu manter unhas finanzas saneadas, cunha débeda perfectamente manexable dentro do seu marco orzamentario", explica o alcalde.