O Pleno de Pol aproba un orzamento de 2,7 millóns de euros
O Pleno de Pol aprobou na última sesión o seu orzamento para o ano 2022, que ascende a 2,789.736 euros.
No desglose de capítulos, o Concello destinará do total 1.668.976 a gastos correntes mentres que 1.066.331 irán para investimentos reais, é decir, obras que se financiarán directamente dende o Concello.
No capítulo de gastos destacan os 1.080.595 euros que se destinan a gastos correntes en bens e servizos e os 121.900 a transferenzas correntes. Por outra banda tamén contan con 458.000 euros para o pago de gastos de persoal.
No capítulo de ingresos, a contía principal vén dos correntes, con 1.955.339, dos que 887.939 son de tansferenzas correntes, 560.400 euros de taxas e prezos públicos e 439.000 de impostos directos. Ademais, desglosa un apartado de 834.441 euros de transferenzas de capital.
Trala súa aprobación, o Concello de Pol mantén en exposición pública o documento durante quince días antes da súa aprobación final. As contas poden consultarse nas oficinas municipais durante quince días.