O Pleno de Vilalba apoia unha proposta para mellorar 22 vías en 14 parroquias

TerraChaXa
O Pleno Municipal aprobou por unanimidade a proposta do tenente de alcalde Modesto Renda, relativa á renovación e mellora de 22 vías de titularidade municipal en 14 parroquias do rural vilalbés.
28 Nov 2023

O Pleno Municipal aprobou por unanimidade a proposta do tenente de alcalde Modesto Renda, relativa á renovación e mellora de 22 vías de titularidade municipal en 14 parroquias do rural vilalbés.

O primeiro proxecto, relativo á rexeneración e mellora de oito vías nas parroquias de A Torre, Soexo, Insua, Oleiros e Distriz conta cun orzamento de execución por contrata de 145.544,06€.

O segundo, relativo á renovación e mellora de outros 14 viais nas parroquias de Sancovade, Román, Corvelle, Goiriz, Xoibán, Vilapedre, Lanzós e San Simón ascende aos 176.055 euros.

Un investimento total de 321.599,06€ en beneficio dos veciños e veciñas das parroquias procedentes na súa totalidade de fondos propios do concello de Vilalba.

“Dixémolo e farémolo: O noso obxectivo é facer xustiza coas parroquias en materia de investimentos e isto só pode ser o comezo”, explicou Renda.

0.11667490005493