O Pleno de Vilalba aproba as subvencións nominativas ás asociacións

TerraChaXa
OConcello de Vilalba aprobou entre outras propostas do grupo de goberno, as subvencións nominativas a asociación.
pleno vilalba
31 Mar 2023

O Concello de Vilalba celebrou o último pleno ordinario no que se aprobaron, entre outras propostas do grupo de goberno, as subvencións nominativas destinadas ás entidades e asociación que traballan a prol da dinamización do pobo en diferentes eidos. 

O goberno local pon en valor o labor diaria destas entidades que repercute directamente na mellora dos servizos e oportunidades dos vilalbeses e vilalbesas a través do tecido asociativo. Por iso, co obxectivo de potenciar e axudar na actividades destes grupos sociais, veciñais, empresariais, educativos, culturais ou deportivos aproba unha achega total de 439.100 euros.

No ámbito asistencial, recibirán subvencións o Hospital Asilo (80.000 euros); a Asociación de Ex Alcohólicos (10.000 €), a Fundación Vilalba Terra Chá (75.000 €) así como Protección Civil (5.000 €).

Dentro das asociacións que desenvolven a súa actividade no eido do ensino, as beneficiarias nestes orzamentos serán as ANPAS dos CEIP Manuel Mato Vizoso (1.500 €), Antonio Ínsua Bermúdez (1.500 €) e da Escola de Educación Infantil de Vilalba (1.500 €), ademais da APA Terra Chá do CEIP de Román (1.500 €).

Tamén se concede unha subvención de ata 5.000 euros para a Asociación do Carballido para continuar as obras de rehabilitación da escola habanera como a Serra da Carba (3.000 €) para a campaña da vespa velutina.

Dentro do deporte, as entidades beneficiarias son o Club Tenis Vilalbés (14.000 €); Club Loitas Olímpicas (14.000 €); Club Vilalba Fútbol Sala (30.000 €); Racing Club Vilalbés (49.000 €); Club TDM Vilalba (6.000 €); Club Baloncesto Terra Chá (8.000 €); Capóns Vilalba Rugby Club (4.500 €); Agrupación Polideportiva San Ramón de Vilalba (5.000 €), xunto ao Club Violeta Rítmica e o Club Ximnasio Senra Judo, ambos cunha subvención de 3.600 euros cada un. Nestes casos inclúese unha partida para as escolas deportivas.

Tamén reciben a subvención o Club Deportivo Santaballés (3.000 €); Asociación Cultural Deportiva Goiriz (2.000 €); Club Deportivo Albense (900 €); Asociación Deportiva Catro Roldas (1.200 €); Club Pádel Vilalba (2.000 €); Club Atletismo Vilalba (2.000 €); Club Deportivo Codesido (900 €); Club Ciclista Terra Chá (1.500 €); Club Atlético Terra Chá (900 €) e Club Ciclista Vilalba-As Pontes (1.000 €); Sociedad Deportiva Rioaveso Machinango (1.200 €).

No eido cultural están incluídas a Coral Polifónica Vilalbesa e a Coral Luar, ambas con 4.000 € cada unha; así como o Iescha (6.500 €); Centro Cultural (2.000 €); a Asociación Cultural Liga Santaballesa (3.000 €); a Asociación Praza San Xoán (2.500 €); a Escola de Música de Vilalba (ESMUVI) (3.000 €), a Asociación de Mulleres de Insua (3.000 €) e a Asociación Veciñal San Cosme de Nete (3.000 €) e a Asociación Cultural de Árbol (3.000 €). A Asociación en Movemento recibirá unha achega de 7.000 euros.

Por outra banda, a Asociación de Empresarios Sete Pontes recibirá 6.000 € para a promoción do comercio local, mentres a Rectoral de Santaballa (15.000) e a Escola Habanera de Tardade (2.000 €) recibirán axudas para investimentos.

Para a organización de festas, o grupo de goberno tamén incluíu subvencións nominativas, cunha achega de 1.200 € cada unha, á Asociación Cultural Alba; a Asoc. Festexos Árbol; Asoc. Festas Belesar; Festas Boizán; Carballido; Codesido; a Asociación Corvelle; Monte Vecina Mano Común  Toxoso (San Simón); Distriz; a Asoc. Goiriz S XXI; Gondaisque; a Asociación Insua a  Ladra; Da Madalena (Mourence);  Asociación Comisión Nete; Noche; Asoc. Festas Oleiros; Asoc. Festas Rioaveso; Asoc. Festas Roman; ao Monte Vecinal Toxoso (Samarugo); Asoc. Festas Sancovade e a Asociación Festas Santaballa. Coa mesma contía se axudará á Asociación Cultural Soexo; a Asociación Habanera Tardade; a Asociación Festas A Torre; Vilapedre; Xoibán;

Pola súa banda, polo mesmo obxecto recibirán subvención a Asociación Lenzós por unha contía de 2.400 € e a Comisión Interparroquias Nete-Ladra-Noche e a Asociación Entre Aldeas Torre-Alba-Boizán-Insua, as dúas últimas con 1.000 €.

CASA DA CULTURA

De novo non foi para adiante o proxecto de poñer á casa da cultura o nome de Manuel María. De novo esta proposta quedou parada trala abstención do PP, que alegou "falta e motivos". Desta maneira, esta reivindicación histórica di Iescha volve quedar atorada, xa que malia que PSOE e Vilalba Aberta votaron a favor, necesitábase unha maioría dos dous tercios, que, polo tanto, non se produciu.

Si que foi aprobado cos votos unánimes a modificación das normas subsidiarias do planeamento do parque empresarial Sete Pontes, o que lle permitá amplialo; así como a bonificación da cota tributaria de Entrepinares para que poda executar a ampliación prevista. Tamén se aprobou a modificación do regulamento do comedor da EEI para que podan ampliarse en 20 prazas máis.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.169517993927