O Pleno de Vilalba valida obras de mellora na rúa Benxamín Paz e na parroquia de Boizán

O Concello de Vilalba celebrou este mañá un Pleno Extraordinario no que aprobaron finalmente os orzamentos logo da alegación presentada por Comisións Obreiras, na que reclamaba que se aprobou o documento sen convocar previamente aos sindicatos para negociar as modificacións relativas a salarios, amortizacións e creación de novas prazas.
O Pleno rexeitou dita alegación en base ao informe do secretario, polo que os dous socios de Goberno e o BNG votaron a favor da aprobación mentres que o PP abstívose entendendo como non viable a alegación e reclamando ao Concello máis atención nas seguintes ocasións.
Tamén se presentaron dous puntos máis na orde do día, a aprobación do proxecto de obra de renovación de pavimentos e mellora da accesibilidade da rúa Benxamín Paz, por una banda. O concelleiro de obras defendeu a urxencia e necesidade destes traballos ao ser produto dunha demanda veciñal. As obras non inclúen cambio de servizos. Todos os partidos votaron a favor.
O mesmo se fixo co seguinte punto, que aprobou outras obras, neste caso a rexeneración da estrada que une o núcleo do Castro (Boizán) coa parroquia de Gondaísque". Estas obras foron defendidas por Modesto Renda, quen tamén subliñou a necesidade de actuar debido ao estado da vía e á necesidade veciñal. Logrou tamén o apoio unánime do Pleno.