O Pleno de Vilalba votará a adhesión ao convenio das sancións pola covid

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Vilalba celebra mañá pleno ordinario, no que entre outros asuntos se tratará a adhesión ao convenio entre a Xunta e a Fegamp para axilizar a xestión das sancións por incumprimento das medidas contra a covid-19, así como avances importantes para a regularización do ciclo da auga.
3 Feb 2021

O Concello de Vilalba celebra mañá pleno ordinario, no que entre outros asuntos se tratará a adhesión ao convenio entre a Xunta e a Fegamp para axilizar a xestión das sancións por incumprimento das medidas contra a covid-19, así como avances importantes para a regularización do ciclo da auga.

En concreto, o grupo de goberno leva á sesión plenaria “a aprobación da adhesión ao convenio Xunta-Fegamp, co obxectivo de artellar a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración na tramitación dos procedementos sancionadores do concello en relación co incumprimento das medidas de loita contra a covid-19”.

Polo que respecta ao ciclo de agua, o grupo de goberno quere regularizar a documentación da Estación de Tratamiento de Auga Potable (Etap) de Vilalba, xa que non coincide a que ten o catastro municipal coa do Rexistro da Propiedade. Solucionar este asunto é un trámite moi necesario para avanzar na regularización do ciclo da auga e no crecemento do polígono industrial.

O pleno tratará tamén o proxecto de rexeneración integral do vial municipal que comunica as parroquias de Samarugo e Corvelle. A actuación inclúe ademais darlle unha solución aos problemas de drenaxe existentes en dous puntos de vias municipais de Corvelle.

Na orde do día de mañá figura tamén unha actuación para a instalación de luminarias de tecnoloxía LED en Grupo la Paz e as rúas Cidade de Lugo e da Feira.

Para esta obra, o concello recibiu unha subvención de 140.148,90 euros do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (Idae), dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica (o orzamento total dos traballos é de 175.000 euros).

0.15722608566284