O Pleno de Xermade ultima os informes financeiros de cara ao fin do mandato

TerraChaXa
O Pleno de Xermade reúnese en sesión ordinaria coa resolución do expediente de deslinde dun camiño público no lugar das Casas Novas
salon de plenos de xermade
11 Jun 2023

Coa periodicidade establecida neste mandato que está a piques de rematar, o Pleno de Xermade reuniuse en sesión ordinaria o xoves 8 de xuño de 2023. Na parte resolutiva o único asunto foi a resolución do expediente de deslinde dun camiño público no lugar das Casas Novas, que foi iniciado no pleno do mes de abril.

Na parte de fiscalización e control deuse conta dos informes de control financeiro en materia de subvencións e ingresos, emitidos pola Intervención municipal en aplicación do Plan Anual de Control Financeiro do exercicio 2022, así como o informe-resumo das actuacións de control financeiro levadas a cabo neste exercicio.

Tamén se deu conta ao Pleno do Plan Anual de Control Financeiro para o exercicio 2023, elaborado pola Intervención municipal.

Cúmprese tamén coa obriga de informar ao Pleno dos envíos ao Ministerio a través da Oficina Virtual de Coordinación Financeira coas entidades locais, no que respecta á execución do 1º trimestre de 2023 e Período Medio de Pago do 1º trimestre de 2023 (o PMP foi de 21,82 días dende a entrada da factura no rexistro), así como o esforzo fiscal do exercicio 2021.

Esta sesión será a penúltima deste mandato, posto que o 14 de xuño o Pleno reunirase de novo en sesión extraordinaria para aprobar as actas pendentes.

0.17384696006775