O Pleno respalda o primeiro trámite para facer a residencia de maiores de Abadín

TerraChaXa
O Concello de Abadín aprobou en Pleno a desafectación do edificio denominado colexio novo para destinalo a residencia de maiores.
residencia maiores abadin
2 Ago 2021

O Concello de Abadín aprobou en Pleno a desafectación do edificio denominado colexio novo para destinalo a residencia de maiores. Esta medida contou co respaldo do equipo socialista.

Segundo explicou o alcalde, escolleuse este edificio porque está situado nun solar de topografía favorable, sen desniveis importantes, parcialmente urbanizado e dotado dos servizos urbanísticos necesarios. A súa situación é óptima tamén desde o punto de vista da súa posición no centro urbano, xa que se atopa situado no Centro e moi ben comunicado, o cal facilita a mobilidade dos residentes, cun nivel de soleamiento correcto e suficiente espazo de aparcamento dispoñible.

Avanzou tamén que a futura residencia estará distribuída en dúas plantas e constará de 26 habitaciones na planta alta, todas exteriores e dúas individuais con baño na parte baixa, onde estará tamén a consulta médica, unha habitación de illamento con cuarto de baño, unha enfermaría, sala de rehabilitación e polivalente, os servizos e o comedor e cociña.

O edificio dispón tamén dunha planta soto para a calefacción e servizos varios.

En total, poderá acoller 54 residentes.

Segundo explicou Rancaño, a adecuación do edificio consistirá en derrubar as divisións interiores do edificio para adecualas á normativa. Ademais compartirán co colexio o edificio central que se dividirá en ximnasio e salón de actos.

Polo de pronto o custe da obra é de 1.500.000 euros e será financiada polo Concello.

OUTROS ASUNTOS

O pleno tamén serviu para dar conta da liquidación do orzamento municipal de 2020, que se saldou cun remanente de 2.678.648 euros, do pago a provedores no primeiro trimestre deste ano e do plan orzamentario consolidado para o período 2022-2024.

Non faltou tampouco un agrio debate sobre a quenda de preguntas.

0.17696404457092