O pleno ribadense rexeita a proposta de elaborar un plan de residuos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, acusou ao goberno local do BNG de improvisación no referente á recollida do lixo e á limpeza de colectores e rúas durante a sesión plenaria da que os edís populares saíron “outra vez coa dúbida de se o noso Concello conta cun plan de residuos ou non”.
7 Nov 2019

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, acusou ao goberno local do BNG de improvisación no referente á recollida do lixo e á limpeza de colectores e rúas durante a sesión plenaria da que os edís populares saíron “outra vez coa dúbida de se o noso Concello conta cun plan de residuos ou non”. Sierra recordou que “dende o Grupo do PP ribadense presentabamos unha moción ao Pleno da Corporación municipal para instar ao equipo de Fernando Suárez a elaborar un plan de residuos; pero o concelleiro de medio ambiente, o señor Díaz Freije, alegou que un concello de 10.000 habitantes non está obrigado a contar cun plan deste tipo”.

Para os populares non serve esta escusa; xa que “o noso concello xa contaba cun plan neste materia” que fora elaborado polo goberno do PP para o período 2000-2005 aprobado por unanimidade polos grupos da Corporación e situou a Ribadeo como o segundo municipio en contar cun plan deste tipo despois de A Coruña e o primeiro en consonancia co Plan de Residuos de Galicia. A este respecto, a popular culpa ao actual goberno de “non ter actualizado este plan” e, polo tanto, “deixar perder un traballo que resultaría beneficioso para os ribadenses”.

A vicevoceira popular non se mostra conforme coas palabras do concelleiro de medio ambiente ao explicar que “pode amosar cando se recollen as distintas fraccións ou cando e a onde foron os operarios da limpeza; pero non pode explicar a onde irán dentro de dous días ou unha semana”. É polo que Sierra considera que “sona a improvisación” e lamentan que o equipo de goberno local votaran en contra da creación dun plan de residuos que solicitabamos. A popular engadiu para referirse aos membros do goberno do BNG dicindo que “mentres ninguén os obrigue, viven improvisando”.

0.13939905166626