O PM Friol B gaña a Copa Deputación na categoría feminina

LugoXa | TerraChaXa
Venceu ao Antas 3-1 no campo dos Chacotes ante numeroso público
pm-friol-b-antas-final-copa-deputacion
Os dous equipos participantes na competición, ao finalizar o duelo
10 Xuño 2024

Despois dun ano no que o equipos B do PM Friol non conseguiu conservar a categoría e irá a Segunda o ano que vén, resarciuse levándose na noite do domingo a Copa Deputación no partido que disputou ante o Antas no campo neutral dos Chacotes, en Palas de Rei.

As friolesas gañaron por 3-1 sendo superiores no xogo pero coa dificultade engadida dun gran número de baixas e amparadas por un numeroso público.

Celebración ao grande en Friol, xa que o equipo tivo que deixar o ano pasado tamén a Copa por falta de efectivos polo que este premio resultado dobremente esperado.

Malia ser as gañadoras as que abriron o marcador chegaron empatados á pausa, pero no último tramo do partido, o PM Friol B remontou para levarse a vitoria.

O equipo pasara á final da Copa logo de superar na quenda de penaltis ao Lugo B. O Antas, pola súa parte, vencera pola mínima ao San Lázaro.

0.19373202323914