O PM Friol incorpora a unha xogadora venezolana

TerraChaXa | LugoXa
Fabiola Solorzano Perozo incorpórase ao PM Friol mediada a tempada.
fabiola solorzano pm friol
fabiola solorzano pm friol
24 Feb 2024

Fabiola Solorzano Perozo incorpórase ao PM Friol mediada a tempada.

A xogadora, natural de Yaracuy (Venezuela), procede do Adiffem, co que recentemente foi subcampioa de Liga. Ten unha ampla experiencia no seu país, tras xogar en clubs como o Yaracuyanos FC, onde foi campioa de Liga e xogou a Copa Liberadores. Ademais, é internacional absoluta con Venezuela. Pode ocupar calquera posición de ataque, destacando pola súa velocidade e compromiso.

A xogadora súmase a un equipo que está a realizar unha boa tempada na categoría de Terceira Federación, onde ocupa os postos altos da táboa, entre os seis primeiros, logo de dez vitorias, cinco empates e cinco derrotas. Quitando ao Avilés, equipo moi destacado, o restoestán moi apertados. De feito o segundo está a só nove puntos do PM Friol.

0.093769073486328