O PM Friol xa é campión de liga e logra o ascenso unha xornada antes do final
O primeiro equipo do PM Friol, a falta dunha xornada para acabar, proclamouse campión de liga na Primeira Nacional tras vencer na casa ao Olímpico e ascende á categoría de todo o norte de España, onde volverá competir con Barcelona, Real Madrid, Atlético de Madrid, Zaragoza , Bilbao, Oviedo , Valladolid, e outros.
O equipo friolés, que descendeu o ano pasado logrou de novo recuperar a súa categoría nun só ano, de feito de 8 descendidos de reto Iberdrola a pasada tempada nestes momentos só ascenden Friol, Valencia e Málaga.
O mérito do PM Friol é aínda maior xa que se trata dun equipo todo novo de xogadoras fichadas está tempada coa dificultade que eso conleva.
"Hai un ano prometémonos traballar incansablemente para volver ascender, só unha tempada despois lográmolo! Foron meses de moito traballo, moita ilusión e moita dedicación para converter un persoal totalmente novo nun EQUIPO!! Non foi fácil, unha liga tremendamente igualada, con xogadoras moi novas que era a primeira vez que saían das súas casas para involucrarse nun proxecto totalmente novo, pero este gran grupo soubo crecer ante as dificultades, e 9 meses despois podemos gritar orgullosas que somos CAMPIOAS DE LIGA!", declaraban dende o club.
O equipo festexouno cos veciños durante toda a xornada de onte.