O polense Manuel Vázquez presenta a súa obra 'Maldita eternidade' no Vello Cárcere de Lugo

Pol
TerraChaXa
A presentación está aberta ao público e supón unha oportunidade única para coñecer de preto tanto ao autor como a obra
Manuel-Vázquez
21 Apr 2025

O vindeiro 24 de abril ás 19:00 horas, o espazo cultural O Vello Cárcere de Lugo será o escenario da presentación da obra Maldita eternidade, escrita polo polense Manuel Vázquez e gañadora do VI Premio Eduardo Pondal.

O acto contará coa participación de destacadas figuras do ámbito cultural e literario galego. Intervirán Maite Ferreiro, concelleira de Cultura do Concello de Lugo; Montse G.A. “Magadán”, escritora e normalizadora lingüística; Xulio L. Valcárcel, escritor, editor e crítico literario; e o propio autor Manuel Vázquez, quen compartirá cos asistentes detalles sobre o proceso creativo e o contido da súa obra premiada.

Maldita eternidade, editada por Medulia Editorial, promete ser unha peza literaria de referencia na narrativa galega contemporánea, sendo recoñecida por un dos galardóns máis prestixiosos da literatura en lingua galega.

A presentación está aberta ao público e supón unha oportunidade única para coñecer de preto tanto ao autor como a obra, nun espazo emblemático da vida cultural lucense.

⚙ Configurar cookies
0.15588307380676