O polense Manuel Vázquez presenta en Lugo a súa novela

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O escritor polense Manuel Vázquez, natural de Valonga, presenta hoxe, ás 21:00 horas, no local La Ferrería o seu libro O pracer da chuvia.
PRESENTACION LIBRO O PRACER DA CHUVIA PORTADA
27 Jun 2023

O escritor polense Manuel Vázquez, natural de Valonga, presenta hoxe, ás 21:00 horas, no local La Ferrería o seu libro O pracer da chuvia, da editorial Medulia.

Acompañarán ó autor Edu Carreira, Sonia Melón, Xulio Pardo de Neyra, Xesús Bermúdez e Xesús Trashorras

Manuel Vázquez reside en Lugo e traballa como celador de urxencias no Hospital Universitario Lucus Augusti. Publicou varios artigos noutros tantos periódicos dixitais durante o ano 2021. Ademais, participou co poema Homeless na obra colectiva Poetas do reencontro II, Punto Rojo (2021). O poema Baleas de terra aparece no número 24 da revista Xistral (2022).

Tamén prologou o libro de relatos curtos Paseando canguros, de Xesús Trashorras, editado por Medulia (2022); quen á súa vez prologa esta novela.

A novela, á parte de ser unha defensa e reivindicación do rural, é unha novela tamén de carácter urbano, representado fundamentalmente por cinco cidades: Lugo, A Coruña, Lisboa, París e Madrid.

Aquí podemos atopar personaxes reais do rural propios de García Márquez, coma o seu grande mestre da vida, Dositeo; o labrego Quinto de Serés; Marité, a súa sogra; Servando, aquel home listo, que ía por diante ; Eliseo, o seu avó, que morreu sendo el moi novo; as tres Mapoulas, asasinadas polos fascistas en Montecubeiro; Pedro da Vica que un día ao regresar da Gulpilleira a Aldegunde, despois de ver a súa moza, ao saltar unha parede foi caer enriba do lobo…

Pero tamén personaxes urbanos. É o caso de Celia, que facía a súa propia roupa e comía mazás con whisky, unha desas mulleres malas, que fumaba e quería ser independente, en palabras do autor; Ramona, nacida na Coruña e emigrante á Arxentina, onde coñeceu a Ricardo, outro emigrante de Pol; aquela muller de Lisboa, que lle dixo que ao escoitalo lle fixera lembrar as feiras de Óbidos; a mestra que por ter relacións cunha casada, foi estigmatizada e tivo que pedir traslado…” Extracto do prólogo de Xesús Trashorras.

PRESENTACION LIBRO O PRACER DA CHUVIA

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18542313575745