O polígono de Friol recibe a novos emprendedores

TerraChaXa
O alcalde de Friol, José A.
Centro de usos múltiples do Concello de Friol (Polígono Industrial).
6 sep 2017

O alcalde de Friol, José A. Santos, manifesta a súa satisfacción polo aumento de servizos no concello trala sinatura do contrato cos empresarios que iniciarián actividade comercial nas naves do viveiro de empresas situado na nave de Usos Múltiples que o Concello ten no polígono empresarial de Friol.

“Nesta cesión temporal dos locais darán comezo novas e diversas actividades que darán un novo impulso á economía local e ofrecerán novos servizos no municipio que supoñen “un aliciente importante para que a xente moza atope no noso municipio saídas laborais e queden a vivir aquí”.

As empresas instaladas en tres das catro naves dispoñibles son: “Serigrafía OZ” na nave número 1, “Bullcars” na número 3 e “Frimetalnox” na número 4 que rolda os 500 metros cadrados. Cada unha destas casas comerciais desenvolverán distintas actividades abonando un canon de 0,40 euros por metro máis IVE ao mes.

O espazo número 2 atópase á espera dunha nova adxudicación.

Novas naves no polígono
Ademais dentro do mesmo polígono son xa seis as parcelas ocupadas por negocios situados para desenvolver prácticas moi variadas, desde un taller de maquinaria agrícola ata unha panadería a pleno rendemento; e outros en proceso construción para talleres de automóbiles, unha queixería ou unha distribuidora de produtos de construción; entre outros.

O alcalde e o equipo de goberno local adianta que “continuaremos traballando nesta mesma liña: a de tentar atraer tecido empresarial de diferentes actividades para o municipio que xunto ao sector primario constitúen as principais vías para o asentamento da poboación e o impulsar da economía local”.

0.16840100288391