O polo de Friol organiza unha sesión para a potenciación de iniciativas do sector agroalimentario
O Polo de Friol organiza un encontro, coa colaboración de GDR-4 Comarca de Lugo, co obxectivo de potenciar o sector agroalimentario, e ao que están citados todos os emprendedores do sector a os que lle gustaría ampliar a súa rede de contactos en busca de futuras colaboracións e crear comunidade.
Ademais de servir como inicio de conversa entre interesados, poderanse escoitar máis de preto casos de éxito de proxectos referentes do sector e saber máis sobre as vantaxes da cooperación.
A sesión será este martes, 25 de xuño, e o programa abrirá ás 10.00 horas coa presentación do evento. Seguirá unha actividade de presentación de empresas referentes e logo de presentación dos participantes.
A continuación farse unha análise da situación de partida, obxectivos, necesidades e oportunidades e outra para descubrir e traballar as posibles cooperacións.
Finalizarán ás 13.00 horas cunha sesión de networking.
Esta cita terá lugar na sede de Traloagro, no Polígono Industrial de Friol, Parcela 55 (Friol).