O polo industrial de Rozas continúa coa súa ampliación
O Concello de Castro de Rei, concedeu licenza de Obra a Babcock Mcs Fleet Management para proxecto básico e de execución para centro de investigación e desarrollo de UAS nas instalacións do Polo Industrial de Rozas.
O Obxecto do proxecto é o desenvolvemento constructivo dun centro de investigación e desenrolo de aeronaves non tripuladas que se ubicará nun hangar de 678 metros cadrados de superficie, cun orzamento de execución material de 371.501 euros.
O Concello igualmente está a tramitar outra licenza de similares características solicitada por Indra para construir outro hangar nas inmediacións deste, que xunto co primeiro que no seu dia construiu o INTA no CIAR suporá un avance na investigación e desenvolvemento de UAV´S dentro das instalacións do Polo Aeronáutico de Rozas.