A Pontenova invita a unirse ao seu Baixeo polo río Eo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
17 Ago 2019

Unha das citas máis divertidas do verán está na Pontenova. Trátase do popular Baixeo polo río Eo no que cada participante pode levar a cabo o descenso polas augas do cauce atravesando á localidade utilizando para todo tipo de artiluxios, normalmente neumáticos, pero vense todo tipo de enxeños surcando as augas.

Os participantes reuniranse pola mañá na praza dos Fornos para dirixirse ata a Piegaponte, para despois comezar o descenso que lles levará ata a área recreativa do Pozo da Ola. Nalgunhas zonas, o río baixa con escaso caudal dado o bo tempo, o que complica a navegación das improvisadas embarcacións.

A cita será o domingo 18 de agosto e como vén sendo habitual, para repoñer forzas despois do esforzo lúdico e deportivo, A Pontenova a aproveita para dar a coñecer unha das súas comidas típicas, os faragullos, que misturan auga, leite, fariña de trigo, ovos e sal nunha masa que se fríe en sarténs.

Este ano o Gran Faragull-Eo acada a súa vixésima edición. Haberá dous lugares de saída, Piagaponte e Salmeán pero a organización non se fai responsable dos imprevistos que poida xurdir, aínda que por suposto estarán presentes os efectivos de Protección Civil.

A xornada comeza cunha concentración na Chousa, na contorna do Pozo da Ola, para saír dende Piagaponte ás 11 ou ás 12 dende o coto de Salmeán e xa ás 14 horas, producirase a chegada a área recreativa do Pozo da Ola.

A asociación Albións organiza esta cita, que conta sempre coa colaboración do Concello da Pontenova. Para máis información, pódese chamar ao 982.342.292.

0.17559599876404