O PP acusa á Deputación de ter abandonada a nave de Begonte

TerraChaXa
O voceiro do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, entende os motivos de que José Tomé non permita aos deputados populares o acceso á nave que o ente provincial ten en Begonte porque “despois de achegarnos ata alí para ver o exterior todo indica que as condicións de seguridade no recinto non son as mellores para acceder”.
nave deputacion begonte
6 Dec 2023

O voceiro do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, entende os motivos de que José Tomé non permita aos deputados populares o acceso á nave que o ente provincial ten en Begonte porque “despois de achegarnos ata alí para ver o exterior todo indica que as condicións de seguridade no recinto non son as mellores para acceder”.

Antonio Ameijide explica que o Grupo Provincial Popular pediu acceso a estas instalacións o pasado 24 de novembro, unha petición na que se solicitaba a entrada nesta nave con data 4 de decembro, pero tamén deixando claro que “de non ser posible nese momento, estabamos dispostos a aceptar calquera outra data sinalada polo equipo de goberno”.

E a realidade é que o pasado venres pola tarde, dende o goberno provincial remitiuse un escrito no que se indicaba que “se sinalaría a data para acceder a esta nave” pero sen deixar claro o momento preciso.

“O que vemos é que José Tomé segue a impedir o traballo da oposición” denunciou Ameijide, e, neste caso, tras ver como o exterior do recinto está totalmente abandonado “entendemos que Tomé non concedese o acceso á nave, porque se está así fóra, non queremos saber como está por dentro”.

O voceiro popular critica a José Tomé por ter esta propiedade da Deputación “mantén como unha esterqueira” ao que engade que “se esta nave que se fora de calquera particular estaría sancionada”.

Despezamento

A zona exterior do recinto converteuse nun despezamento, como da fe un dos catamaráns que anos atrás percorrían o río Miño e que agora podrece no medio da vexetación que medra sen control e que invade xa o exterior do recinto, impedindo que os peóns poidan camiñar con seguridade pola beirarrúa.

“Dende o Partido Popular parécenos indecente que o goberno provincial teña nestas condicións o seu patrimonio, por iso dicimos que dende que PSOE e BNG gobernan a Deputación, esta pasou de ser o motor da provincia de Lugo a ser un lastre para todos os lucenses”, sentenciou o popular.

0.1950089931488