O PP acusa a Morandeira de impoñer un "brutal taxazo" no imposto pola recollida de lixo

TerraChaXa
José Manuel López explica que os restaurantes, mesóns, cafeterías e bares pasarán de pagar 150€ a 300€, mentres que para os supermercados multiplícase por catro
Jose Manuel Lopez PP Guitiriz
28 Oct 2025

Os concelleiros do PP de Guitiriz denuncia a intención da alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, de “impoñer” a toda a veciñanza “un brutal taxazo” para “tentar recuperar a situación económica do Concello a costa de esquilmar os petos de todos os guitiricenses”.

O voceiro municipal, José Manuel López, explica que este xoves temos un pleno extraordinario no que “a alcaldesa aprobará as novas taxas reguladoras do servizo de recollida do lixo que, nalgúns casos, supoñen subas de ata catro veces o importe que se está a pagar na actualidade”.

O voceiro popular explica que, por exemplo, a alcaldesa pretende diferenciar agora “vivendas de zona urbana e da zona rural” polo que a suba para as familias oscilará entre o 50% e o 100%.

Ademais das economías domésticas, os autónomos, pequenas e medianas empresas tamén se verán afectadas por esta nova taxa que quere impoñer a alcaldesa.

Deste xeito, os restaurante, mesóns, cafeterías e bares pasarán de pagar 150€ a 300€, mentres que os supermercados verán como a taxa que teñen que abonar se multiplica por catro, pasado dos 174,40€ actuais ata os 697,60€. Do mesmo xeito que sucede coas gasolineras, que tamén verán multiplicada por catro a taxa que abonan, pasando dos 125€ da actualidade aos 600€ que quere impoñer Marisol Morandeira.

José Manuel López Rodríguez denuncia que “o populismo que caracterizou a todo os gobernos socialistas de Guitiriz provocou esta situación” xa que “ao levar tantos anos (a taxa está conxelada dende 2012) presumindo de conxelar taxas e impostos municipais e derrochar fondos municipais, agora queren sanear as arcas municipais a costa de esquilmar os petos de toda a veciñanza”.

José Manuel López sinala que “se Marisol Morandeira fuxise do populismo tería feito as contas cada ano con cabeza e non imporía agora unha suba brutal que máis que unha actualización de taxas máis ben semella un atraco aos veciños de Guitiriz”.

Neste senso, dende o Grupo Municipal do PP de Guitiriz xa advirten á rexedora que “non apoiaremos este intento de facer que os veciños paguen a mala xestión económica que fai do Concello Marisol Morandeira”.

“Se quere recuperar a economía municipal, a alcaldesa debe de suprimir gastos superfluos e innecesarios dos que se nega a renunciar”, sinalou José Manuel López, en referencia aos 70.000€ anuais que supoñen ao Concello o gabinete de prensa que ten contratado na Coruña (40.000€/ano) e o soldo do seu asesor persoal (30.000€/ano), unha praza que creou a medida desta persoa.

⚙ Configurar cookies
0.07917594909668