O PP afirma que se fixeron 21 reclamacións á Deputación polo mal estado das vías

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa
Estas reclamacións producíronse en concellos de toda a provincia, como O Corgo, Xermade, Pantón, Castro de Rei, Friol, Guitiriz ou Cospeito
estrada-da-costa-ribadeo
10 Apr 2025

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, desvela que nos tres primeiros meses do ano xa se tramitaron 21 reclamacións ante a Deputación de Lugo por danos producidos en vehículos na rede viaria provincial, derivados do “nefasto estado de conservación das estradas provinciais”.

Antonio Ameijide sinala que estas reclamacións producíronse en concellos de toda a provincia, como O Corgo, Xermade, Pantón, Castro, Friol, Guitiriz ou Cospeito. “Todos os lucenses que a diario circulamos polas estradas da nosa provincia sabemos que hai dous tipos de estradas que está nun estado de conservación moi malo, as que dependen do Goberno do Estado e as que dependen da Deputación de Lugo”, explicou.

A realidade é que PSOE e BNG abandonaron por completo as estradas provinciais. “Levamos moitos anos denunciando a falta total de mantemento” o que derivou en que no que levamos de ano xa se produciron estas 21 reclamacións ante a Deputación por danos sufridos en vehículos polas fochancas e as deficiencias da rede viaria provincial.

“Son un verdadeiro perigo para os condutores que a diario percorremos a rede viaria provincial”, denunciou, con socavóns de grandes dimensións, chegando algúns a ter máis de 20 cm de profundidade.

Unha das reclamacións efectuadas ante a Deputación é a dunha veciña que sufriu un rebentón nunha roda na estrada provincial LU-P-2303. No propio informe establécese que “pódese ver na estrada dúas fochancas, a saída dunha curva, e que por mor da chuvia atópanse cheos de auga. Feitas as medicións, a fochanca que sinala o condutor como causante do rebentón do pneumático, ten entre 5 e 6 cm de profundidade no seu contorno, sendo máis profundo na súa parte central, medindo aproximadamente 1,10 m de longo e 1 m de ancho”.

Outra das reclamacións exercidas ante a Deputación de Lugo é a dunha veciña que circulando pola estrada LU-P-4113, en Pantón, sufriu danos no seu vehículo a causa dunha fochanca “de grandes dimensións, de 80x60 cm”. No informe establécese que “se realiza inspección ocular del lugar del sinistro comprobando la existencia de un socavón con dimensións 80x60 cm de ancho dentro da zona de circulación dos vehículos o cal non se atopaba sinalizado”.

Outra das reclamacións sinala que en Cospeito, na LU-P-1706 “no punto quilométrico 4,85 hai unha fochanca de grandes dimensións, cunhas medidas de 1 metro de largo, 50 cm de ancho e 15 cm de profundidade, con arestas cortantes e que se encontraba sen sinalizar, motivo polo cal sufriron danos importantes as rodas”.

0.15967297554016