O PP celebrou unha reunión interparlamentaria

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Deputados provinciais, autonómicos e nacionais fixeron balance do traballo nas distintas cámaras, abordando tamén as liñas a seguir.
18 Abr 2021

O Partido Popular de Lugo celebrou esta mañá unha reunión interparlamentaria, na que fixo balance do traballo nos distintos ámbitos institucionais e se abordaron algunhas das grandes liñas a seguir nos próximos meses. A presidenta provincial do PP de Lugo e deputada autonómica, Elena Candia, destacou a unidade demostrada polo partido e tamén a súa unidade de acción institucional, de maneira que se levaron aos distintos niveis institucionais a maioría dos grandes asuntos de interese provincial, autonómico e nacional, “defendidos coa coherencia propia dun partido solvente e fiable como é o Partido Popular”. “O do PP é o proxecto máis leal e cumpridor coa provincia”, afirmou.

Tal é así que, remarcou, “somos a forza que dá máis estabilidade e máis prestixio político e institucional ás institucións”. Por este motivo, trasladou a importancia de “seguir traballando” porque “Lugo está a ser fortemente castigada polos matrimonios malavenidos que forman socialistas e nacionalistas”.

“Cando non están no goberno, o que fai o PP sempre é denunciable -enseguida piden dimisións e sacan as pancartas-; cando apoian ao PSOE din que van ser esixentes; e cando cogobernan calan cando lles interesa. É o caso da Deputación, onde ninguén pide explicacións”, expuxo con firmeza.

“O PP só se debe aos lucenses”

Fronte ao PP que “só se debe aos lucenses e lle interesa Lugo, temos un Concello que é máis noticia polo cambio de cromos do seu goberno, que pola súa xestión: xefes de servizo que dimiten, concelleiros que se van... Son dous gobernos nun. Cada un vai ao seu; en segundo plano quedan os lucenses. Lémbranme a época na que tamén estaban na Xunta. Touriño por un lado e Quintana polo outro”. No que se refire á Deputación, “a xestión é ausente” e, no Goberno central, “o vemos son uns deputados moi disciplinados e coa lección ben aprendida: entre elixir defender a Sánchez ou a Lugo, sempre elixen ao seu presidente”.

Así, sinalou, “de non ser pola Xunta de Galicia, a provincia de Lugo sería unha illa dentro do mapa do España” e puxo como exemplo as obras do corredor de Nadela-Sarria, a ampliación do hospital da Mariña e a mellora do de Monforte, a reconversión do barrio da Residencia ou o polo de Rozas.

Candia tamén destacou a importancia de que os representantes institucionais dos cidadáns rendan contas do seu traballo e puxo en valor o traballo desenvolvido polos compañeiros nas distintas administracións provincial, autonómica e nacional, fixándose como retos seguir aumentando as afiliacións, que xa rondan as 11.000, e cambiar os gobernos no Concello de Lugo e na Deputación. Concretamente, no último ano o PP na provincia incorporou un cento de altas novas. Nesta cuestión tamén incidiu o voceiro do grupo municipal lucense e tamén deputado no Parlamento, Ramón Carballo.

Intenso traballo nas Cámaras

O senador José Manuel Barreiro, puxo o acento nos múltiples incumprimentos do Goberno, presidido polo socialista Pedro Sánchez, e fixo reconto das iniciativas presentas polo seu grupo. “Ante o abandono por parte do Goberno de Sánchez, dende o Senado traballamos para reclamar que se cumpran os compromisos con Lugo, presentando cerca de 300 iniciativas”, resumiu,

O portavoz na Deputación, Javier Castiñeira, destacou que, no que vai de mandato, o PP presentou cerca de 40 mocións, decenas de rogos e preguntas, promoveu tres sesións plenarias extraordinarias e recorréronse centos de quilómetros pola provincia. Sinalou que nos últimos días quedou patente “o nerviosismo do presidente da Deputación como resultado do traballo de oposición do PP”; un nerviosismo, dixo, que “o levou a exteriorizar, en relación con Elena Candia, a súa vea machista, pola que está sendo reprobado pola sociedade española”. Castiñeira indicou que o grupo provincial está a dar continuidade á liña marcada por Candia, anterior voceira popular.

Jaime De Olano

O deputado Jaime de Olano, vicesecretario de Participación do PP, sinalou: “A pesar de las limitaciones impuestas por la covid, a pesar de que Sánchez ha intentado silenciar al máximo las Cámaras legislativas, la agenda lucense y gallega ha estado muy presente en la actividad del Grupo Parlamentario Popular en el Congreso”. Nesta liña, manifestou: “Hemos hecho de la situación de Alcoa un problema nacional gracias a la implicación del presidente del PP, Casado que se ha desplazado en dos ocasiones a A Mariña”. Destaca igualmente: “Denunciamos con insistencia los incumplimientos de Sánchez con el tren a Ourense que puede dejar a Lugo desconectada de la Alta Velocidad”.

A deputada no Parlamento, Encarna Amigo, puxo en valor a xestión do Goberno galego para reducir os efectos da pandemia, articulando medidas tan importantes como a Lei de Saúde Pública ou os dous plans de rescate, ao tempo que detallou o investimento que se está a facer nos hospitais da provincia coa ampliación do da Mariña e a mellora do de Monforte ou as construcións do Centro Integral de Saúde no barrio da Residencia e os centros do Saviñao e de Antas de Ulla.

Na mesma liña, o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou o esforzo que está a facer a Xunta de Galicia para acompañar aos sectores máis afectados pola pandemia a través de liñas de apoio como, por exemplo, o novo programa de financiamento dotado con 30M€ para axudar ao tecido empresarial galego tanto no seu proceso de transformación dixital como de internacionalización. Tamén mencionou o Bono Activa Comercio, o Plan Renove Electrodomésticos ou o Bono Enerxía Peme e Comercio. E citou o Plan de Rescate para pemes e autónomos, do que a Xunta xa está perfilando unha terceira edición despois de chegar a mobilizar 160 millóns de euros coas dúas primeiras convocatorias.

Na mesma liña, Conde indicou a excepcional oportunidade para Galicia que van supoñer os fondos europeos Next Generation para impulsar a transformación de sectores estratéxicos na provincia de Lugo. Por outra banda, tamén lembrou que este mesmo ano se aprobou a Lei de Reactivación Económica, que ten como obxectivo que Galicia simplifique a tramitación administrativa de proxectos, e así captar novos investimentos empresariais, mantendo as mesmas garantías técnicas, administrativas e medioambientais.

Mención especial a Alcoa

Con respecto a Alcoa, Conde demandou novamente ao Goberno central que se axilice o proceso de negociación da venda o máximo posible porque faltan poucos días para que remate o prazo (30 de abril) e aínda non se rexistraron os avances necesarios que fagan pensar nunha solución favorable.

0.18716406822205