O PP das Pontes demanda sanciones para a anterior concesionaria da piscina municipal

TerraChaXa
Os populares denuncian que o persoal continúa sen cobrar as súas nóminas
piscina-as-pontes
22 Nov 2025

O Grupo Municipal do Partido Popular das Pontes reiterou a súa demanda ao Goberno local para que aplique a Lei de Contratos en relación coa anterior concesionaria da Piscina Municipal. Segundo explican, a petición vén realizándose desde o mes de xullo e inclúe a aplicación de penalidades e sancións por incumprimentos dos pregos de contratación á empresa encargada da xestión da instalación.

Os populares denuncian que o persoal continúa sen cobrar as súas nóminas e lembran que os traballadores se manifestaron durante o Pleno extraordinario para visibilizar a súa situación. O grupo municipal esixe que se adopten medidas de maneira urxente para garantir unha solución inmediata ao conflito.

⚙ Configurar cookies
0.066867113113403