O PP de Guitiriz constitúe a xunta xestora
O Partido Popular da provincia de Lugo continúa a reforzar as agrupacións locais co obxectivo de crear alternativas de cara ás eleccións municipais do 2023. Despois de ser nomeado recentemente presidente da xestora de Guitiriz, José Manuel López Rodríguez, máis coñecido popularmente como Portolamas, reuniuse con multitude de afiliados para crear o equipo de traballo que conforma a xunta xestora do PP local, “temos xente nova con moitas ganas de traballar e temos xente con moita experiencia”.
O novo presidente deu a coñecer durante unha reunión celebrada este mércores na que tamén participaron varios membros da dirección provincial. , Temos un equipo de catorce persoas que mestura xente con experiencia, pero tamén xente nova con moitas ganas de traballar polo noso concello”. Trátase de Guadalupe Prado Tomé, Fina Pereira López, Ángel Lobeiras Paz, Alexandre Losada Buíde, José Juan López Rodríguez, Eva García Paz, Roberto Fernández Buján, Jesús Rodríguez Bergantiños, María Manuela Carballeira García, Francisco José Penas Pardo, Ángel Seoane Lamela e Xosé María Teixido.
“O noso obxectivo é o de traballar para conformar unha alternativa actual ao goberno local. Queremos escoitar os problemas que atopan os veciños nas súas parroquias e queremos que as familias poidan quedarse no concello e para iso é necesario ofrecer a posibilidade de asentar os negocios e crear emprego”, explica o novo presidente da xestora.
López Rodríguez agradece o compromiso de todas as persoas que forman parte do equipo de traballo e convida a todos os cidadáns para “trasladarnos as súas preocupacións e traballar por Guitiriz, pois a nosa liña de traballo será estar preto dos veciños para defender os seus intereses e coñecer de primeira man os problemas que hai no municipio”.