O PP de Guitiriz denuncia un aumento dos ingresos dos concelleiros sen dedicación

TerraChaXa
Os concelleiros do PP de Guitiriz denuncian que a alcaldesa do municipio, Marisol Morandeira, multiplicou por catro os ingresos dos concelleiros sen dedicación do Goberno local.
PLENO CONCELLO GUITIRIZ
26 Out 2023

Os concelleiros do PP de Guitiriz denuncian que a alcaldesa do municipio, Marisol Morandeira, multiplicou por catro os ingresos dos concelleiros sen dedicación do Goberno local.

O voceiro popular en Guitiriz, José Manuel López, explica que Marisol Morandeira duplicou a retribución por asistencia ás xuntas de goberno local, que pasan de 75 a 150 euros, ademais de aumentar a periodicidade das mesmas, xa que no mandato anterior eran cada 15 días e agora son todas as semanas.

O voceiro popular sinala que dos sete concelleiros do equipo de goberno, dous perciben estas retribucións, que supoñen, engadindo as asistencias a plenos e comisións, unha media de 690 euros ao mes para cada un deses dous edís, o que se traduce en 8.280 anuais.

“A realidade é que dende o Goberno local defenden un aforro que non é tal xa que as retribucións que perciben os edís sen dedicación multiplicáronse por catro neste mandato”, sentenciou.

0.20397996902466