O PP de Guitiriz reclama máis axilidade nas obras da residencia

TerraChaXa
Antonio Ameijide explica que “seguiremos fiscalizando” o avance dos traballos e agardamos que tanto PSOE como BNG se tomen en serio o cumprimento do último prazo dado, xullo de 2025
obras-residencia-guitiriz
21 Mar 2025

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, xunto ao voceiro do PP de Guitiriz, José Manuel López, visitou as obras do futuro centro de atención a maiores de Guitiriz, trala que amosaron a súa preocupación “polo lento avance dos traballos de construción”.

Antonio Ameijide explica que “cada poucas semanas” realizamos unha revisión do avance das obras do centro de atención a maiores de Guitiriz “e vemos que non avanza ao ritmo que nos gustaría no PP e ao ritmo que lle gustaría a todos os veciños do municipio”.

Ante esta situación, Ameijide pide ao goberno provincial “axilidade” nas obras e “que cumpran a palabra dada aos veciños para que se poña en servizo o antes posible”.

Ademais, o voceiro provincial popular, trala intención de PSOE e BNG de cobrar un 60% a un usuario dependente na residencia de Becerreá que no resto de centros da rede xa advirte ao goberno provincial que “pediremos igualdade de trato e que se abra nas mesmas condicións que o resto de residencias da rede”.

A construción da residencia de Guitiriz foi adxudicada en xaneiro de 2023 e máis de dous anos despois continúa aínda en construción.

"Uns atrasos nas obras que se recoñeceron dende o propio goberno provincial que en outubro do ano pasado aprobou unha prórroga de nove meses para a execución destas obras, atrasando a posta en servizo deste centro de atención a maiores, polo menos, ata xullo do 2025", aclara.

"A residencia de Guitiriz non só sofre continuos atrasos, senón que o edificio cedido polo Concello para a construción da residencia -a coñecida como Casa da Botica, un edificio emblemático, con valor histórico e elementos patrimoniais catalogados situado no centro da localidade- foi derrubado polo goberno provincial", dixo.

⚙ Configurar cookies
0.84687900543213