O PP de Lugo impulsa actividades de prevención, educación e formación para frear a violencia de xénero

TerraChaXa
O Partido Popular de Lugo solidarízase coas vítimas da violencia de xénero, impulsando distintas actividades que afondan na importancia da prevención, a educación e a formación para frear esta lacra.
21 Nov 2017

O Partido Popular de Lugo solidarízase coas vítimas da violencia de xénero, impulsando distintas actividades que afondan na importancia da prevención, a educación e a formación para frear esta lacra.

Deste xeito, este xoves, día 23, desenvolverase, na sede do PP (r/ Poeta Ramón Cabanillas), unha xornada coa que se pretende en valor que os valores da igualdade e o respecto á diferenza son a mellor garantía da erradicación desta terrible e dura inxustiza.

Os populares súmanse así aos actos en repulsa da violencia machista con este simposio que dará comezo a partires das 19:00 horas. Disporá dunha mesa redonda, que será moderada pola coordinadora de Política Social -área organizadora do encontro-, María José Blanco Freire, e na que intervirán o subinspector de Policía Nacional da UFAM de Lugo, Enrique Giménez, a xefa da Unidade Contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Lugo, Ana Belén Pacio, e a psicóloga experta na atención ás vítimas, Sandra Casas Vilas.

Trátase, por tanto, de relatores, especialistas na materia, quenes disertarán sobre as medidas de actuación e a atención psicolóxica como unha prioridade para as vítimas. A xornada rematará coa intervención da coordinadora de Igualdade do PPdeG, Susana López Abella, quen abordará a violencia de xénero como un asunto de Estado; cuestión que os populares consideran de extraordinaria importancia para reducir o número de casos que sofren de modo totalmente inxusto este tipo de violencia.

A Muralla, iluminada de violeta
No marco da programación de actos, organizados polo Partido Popular, as luces da Muralla (zona da Mosquera) permanecerán de cor violeta o sábado día 25, dende unha hora despois do ocaso ata as doce da noite.

Con esta iniciativa, impulsada por esta formación política, tanto a agrupación local como a provincial queren amosar o seu firme compromiso coa erradicación de calquera tipo de discriminación que permita que esta violencia persista na nosa sociedade.

0.11092209815979