O PP de Mondoñedo presenta unha candidatura de 21 persoas para as eleccións municipais

TerraChaXa | AMariñaXa
A presidenta do Partido Popular na provincia de Lugo, Elena Candia, encabeza novamente a candidatura do PP á alcaldía de Mondoñedo que conta con outra vintena de nomes que integran “un equipo de 21 persoas -9 mulleres e 12 homes- que representan ao conxunto da sociedade do noso concello”.
24 Abr 2019

Candia avanzou “sete novas incorporacións que veñen a sumarse a este equipo apoiando, polo tanto, un traballo de 4 anos” e que, ao mesmo tempo “aportarán novas ideas a un programa para o vindeiro mandato que construímos entre todos”.

As novas incorporacións coas que o Partido Popular pretende revalidar a confianza dos veciños e veciñas o vindeiro 26 de maio son Patricia Otero – emprendedora con gran actividade no eido asociativo-, Marcos Candia –traballador do sector eólico- e o profesor de FP Pascual Ares; ademais da funcionaria Ana Mel, o recoñecido deportista Siro Maseda, a psicóloga Pilar Díaz –con gran vocación pola terceira idade- e o empresario responsable dunha recoñecida firma de panadería Aquilino Bouso.

0.1244330406189