O PP de Muras presenta a súa candidatura ao completo
O Partido Popular presenta en Muras unha candidatura para as eleccións locais pensada “para gobernar” e, nese sentido, a alcaldable, Eugenia Requeijo, comprométese a facelo “para todos por igual, dende o primeiro día, e sen discriminacións”.
A popular presenta “un equipo unido, reforzado coa incorporación de oito novas persoas e todos con ganas de traballar polo noso municipio”. Eugenia Requeijo indica que “se goberna o PP, o Concello terá as súas portas abertas para todos e será un Concello que escoite aos veciños e os teña en conta e, por suposto, centrado na mellora da súa calidade de vida e de garantirlles os servizos”.
A candidata popular aposta por “sacar a Muras do abandono no que se atopa, que queda claramente reflectido na situación do propio centro do pobo”. O equipo popular preséntase en condicións de “cambiar o actual estado de cousas, caracterizado por prazas e rúas con sucidade, xardíns en mal estado, estradas deterioradas, servizos deficitarios e unha xestión totalmente partidista”.
A CANDIDATURA AO COMPLETO
- María Eugenia Requeijo Chao; de Vedille, Muras
- Julio Díaz Díaz; de Chao de Perros, Muras
- Damián Prieto Sardiña; de Carelle, O Burgo
- Luis Carballido Orosa; da Margarida, Silán
- Sandra Trastoy Chao; de Aborbó, O Viveiró
- Jaime Lázaro Vidal; de Goibetas, O Burgo
- José Manuel López García; da Volta, Muras
Suplentes:
- María Teresa Uceira Cao; de Casateita, Muras
- Fernando Carballido Amor; de Traveseal, Irixoa
- Carlos Rouco Rochela; de Carracedo, O Burgo
- Camelia Hermida Fernández; da Torre, Silán
- Elías García Rubiños; da Pedreira, Irixoa
- Juan Antonio Tojeiro Pita; da Casabella, Muras
- Óscar Prieto Freire; de Castiñeira, Muras
- Eloy Guzmán Vilaboy; de Muras