O PP de Muras reclama explicacións polo estado de abandono da aldea etnográfica de Carelle

TerraChaXa
A formación insta ao goberno municipal a actuar para preservar o patrimonio e evitar novos danos nas construcións de titularidade pública
Danos-e-portas-abertas-na-aldea-de-Carelle-Muras-PP
5 Jul 2025

O Partido Popular de Muras vén de esixir responsabilidades ao alcalde, o nacionalista Manuel Requeijo, pola situación de abandono na que se atopa a aldea etnográfica de Carelle e pola falta de actuación por parte do goberno local para frear o seu deterioro.

Desde a formación denuncian que as edificacións deste espazo, de titularidade municipal, presentan sinais evidentes de deterioro visibles desde a vía pública, como portas e fiestras rotas ou forzadas. A portavoz popular, Eugenia Requeijo, anunciou que o seu grupo solicitará formalmente información para saber se o Concello chegou a presentar denuncia polos danos rexistrados.

A representante do PP considera necesario actuar con urxencia para protexer este conxunto patrimonial. “Hai que adoptar medidas para evitar que se siga danando e perdendo valor”, advertiu, ao tempo que pediu ao executivo local que manteña a aldea coidada, en bo estado de conservación e con medidas de seguridade que impidan accesos non autorizados. “É preciso que as distintas construcións permanezan pechadas para evitar máis estragos”, reclamou.

⚙ Configurar cookies
0.18976497650146