O PP de Pol acusa "falta traballo e preocupación" ao alcalde por non abrir as piscinas a tempo

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Grueira explica que “o normal é que abrisen o día 1 de xullo pero a depuradora está completamente desmontada”
obras-piscina-de-pol
Obras na piscina de Pol
9 Xul 2024

"As piscinas municipais de Pol seguen pechadas. Esta é a realidade que se atopan todos os veciños do municipio a pesar de que xa estamos preto de chegar á metade do mes e o único que se sabe é que estarán pechadas ata novo aviso”.

A voceira popular en Pol, Nicole Grueira, lamenta a situación que teñen que vivir todos os polenses, xa que “o normal é que abrisen o día 1 de xullo, como todos os anos”, pero nesta ocasión “ó único que se sabe, e porque pode verse, é que a depuradora da piscina está desmontada ao carón da mesma”.

Nicole Grueira afirma que este é un novo exemplo “do desinterese e a falta de traballo” do alcalde e o seu equipo de goberno por Pol e os seus veciños. “Nada din sobre que está a pasar”, lamentou, ao que engadiu que “unha avaría ou imprevisto todos podemos entendela, pero semella que a falta de previsión do equipo de goberno provocou que a piscina estea pechada”.

Ante esta situación, dende o PP de Pol esixen “axilidade” para solucionar os problemas que haxa na piscina e que esta poida abrir “o antes posible”.

0.093967914581299