O PP de Pol destaca a entrega dun desfibrilador a Protección Civil
O PP de Pol valorou positivamente a entrega dun desfibrilador semiautomático destinado Protección Civil do municipio para reforzar o material dos servizos de emerxencias municipales de emerxencias por parte da Xunta de Galicia.
A candidata a alcaldía do PP de Pol, Nicole Grueira afirma que “con este desfibrilador refórzase o compromiso da Xunta no noso municipio, co fin de prestar un mellor servicio para aos veciños e veciñas”. Esta entrega de material forma parte da partida de investimento da Xunta de Galicia para reforzar os equipos de emerxencia nos concellos con menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC).
Neste sentido, a presidenta dos populares en Pol destaca a importancia de que os servizos de emerxencia municipais conten co mellor equipamento para o desenvolvemento do seu labor a favor da prevención e da seguridade da cidadanía. Referiuse tamén á necesidade de facilitarlles a preparación precisa para desenvolvelo, para o que contan tamén co apoio da Xunta a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), centro de referencia para a formación neste ámbito.
O equipamento entregado inclúe un desfibrilador externo cun mínimo de dous xogos de parches de eléctrodos, un xogo de dúas baterías, cable de conexión a porto USB, kit de reanimación cardio-pulmonar e mochila impermeable. O custo dos 105 DESA ascende a máis de 166.600 euros.
O DESA é un aparello electrónico portátil sinxelo de manexar que identifica e trata a parada respiratoria. A súa efectividade radica na identificación automática da fibrilación ventricular ou a unha taquicardia ventricular sen pulso restablecendo un ritmo cardíaco efectivo eléctricamente. É moi eficaz para a maior parte dos chamados paros cardíacos, que no seu maior parte son debido a que o corazón fibrila e o seu ritmo non é o adecuado, estes equipos basicamente devolven o ritmo adecuado ao corazón.