O PP de Pol conforma a xestora que preside Nicole Grueira
O Partido Popular vén de constituír a xestora da agrupación de Pol, que preside Nicole Grueira. Deste xeito, a formación continúa reforzándose neste municipio de cara “a ser a alternativa nas vindeiras eleccións municipais”. O acordo adoptouse no marco dunha xuntanza celebrada na localidade e na que participaron varios representantes da dirección provincial do PP, como é o caso da presidenta, Elena Candia, o secretario xeral, Javier Nodal, e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro.
Nicole Grueira engadiu así que “somos a ferramenta necesaria para reconducir o concello cara un cambio baseado na moderación e máis nos momentos que estamos a vivir desde o punto de vista social e económico. Queremos reactivar Pol para que a sociedade vexa ao noso concello un bo lugar para facer vida”. Neste senso, a presidenta xestora adianta que “constituiremos un partido aberto donde todos os perfís son benvidos”, xa que “a nosa prioridade, remarca, é a satisfacción das necesidades de todos os habitantes do concello. Estamos para servir aos cidadáns”, afirmou.
Xestora ao completo
Tanto Elena Candia, como o secretario xeral e o coordinador xeral, agradecen a disposición e o compromiso “deste novo equipo”. “Temos que atraer a ese electorado que, nas pasadas eleccións autonómicas nos apoiou masivamente, superando así o 50% dos votos”, destacou a presidenta dos populares lucenses.
Acompañan a Nicole Grueira (presidenta), Mónica Rielo Monasterio (secretaria xeral), e Enrique Rodríguez Rodríguez (vicepresidente). Como vogais: María Angelines Fernández Fernández, Javier Rego García, Margarita Fernández Yebra, María Méndez Luna, María Isabel Pasaro Vila, María Remedios Castedo Carballo, Raúl Rodríguez Fernández, Camilo Rancaño Carballedo, Artemio Gustavo Carballés Fernández, Antonio Fernández Díaz, José Manuel Cedrón Castrillón e María Angelina Fernández Calaza.
No transcurso do encontro o actual concelleiro, Artemio Carballés, anunciou que decide “dar un paso atrás”, polo que proximamente deixará a súa acta como edil. A persoa que ocupará o seu posto será Enrique Rodríguez Rodríguez.