O PP de Pol pedirá no pleno que se faga un plan de mantemento de camiños e pistas

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Nicole Grueira recorda que “son innumerables” as ocasións nas que denunciamos o grave estado de abandono no que se atopan
concello-de-pol
18 Sep 2025

O PP de Pol defenderá no vindeiro pleno que o Concello inicie de forma urxente un plan de reparación e mantemento de todas as pistas en mal estado, que devolva a seguridade e a normalidade ás vías municipais.

A voceira municipal, Nicole Grueira, explica que é o que defendemos é “instar ao Goberno municipal a executar con carácter inmediato as obras de reparación e mantemento de carácter urxente de todas as pistas municipais en mal estado” porque a realidade “é que non son seguras”.

Un plan ao que cómpre destinar “os recursos económicos e materiais necesarios para levar a cabo estas actuacións no menor prazo de tempo posible, así como acompañalo do mantemento periódico das vías municipais para previr o seu deterioro e garantir unhas condicións axeitadas de circulación ao longo do ano”.

Nicole Grueira recorda que “son innumerables” as ocasións nas que denunciamos o grave estado de abandono no que se atopan numerosas pistas municipais, “todo por mor da desidia e inacción do Goberno de Lino Rodríguez, unha falta de mantemento que converteu moitas destas vías en camiños intransitables, con fochancas, afundimentos e tramos nos que a circulación se volve perigosa ou mesmo imposible”.

Como consecuencia “da total falta de mantemento” a situación que presentan as pista e camiños municipais “é dunha total falta de seguridade” xa que aumenta o risco de accidentes, prodúcense danos materiais nos vehículos así como picadas nas rodas, limitacións á mobilidade dos veciños e un progresivo illamento dalgunhas zonas do concello.

“Non se pode seguir permitindo que a desidia de Lino Rodríguez poña en perigo aos veciños nin que se dilapiden recursos públicos por non actuar a tempo porque o estado das pistas municipais non só afecta á seguridade viaria, senón que tamén transmite unha imaxe de abandono e desgoberno, impropia dun concello que debería dar prioridade á atención ás infraestruturas básicas”, sentenciou.

⚙ Configurar cookies
0.10462403297424