O PP de Pol pregunta ao alcalde sobre a xestión da nova asociación

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Os populares sospeitan que “a creación dunha entidade paralela” se converta nun “chiringuito do alcalde para seguir facer xestións extravagantes"
nicole-grueira
27 Mar 2025

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, pide que “o alcalde aclare que pretende coa creación dunha fundación que el mesmo preside e que conta na súa directiva con dous concelleiros do seu mesmo goberno. Non cuestionamos esta figura xurídica, pero dubidamos das intencións do alcalde e da súa xestión”.

A popular pregúntase “que quere facer que non poida facer directamente dende o Concello”. E sospeita que “a creación dunha entidade paralela” se converta nun “chiringuito do alcalde” para “seguir facer xestións extravagantes -como a compra dun supermercado ou dun autobús- aínda con máis liberdade, pero sen someterse ao controis propios da administración local”.

Grueira recordou tamén “a complicidade do goberno da Deputación de Lugo que, lonxe de supervisar e garantir o bo uso dos recursos públicos, apoia os caprichos do alcalde de Pol ao concederlle a dedo apoio para a compra destes inmobles que deriva á fundación”.

Tralos trámites administrativos para a constitución que veñen de rematar coa súa publicación no DOG , a portavoz do PP esíxelle “transparencia” ao goberno local e advirte que “dende o Grupo Municipal Popular seguiremos fiscalizando como a vai xestionar”; así como están a fiscalizar as accións deste goberno que está a desenvolver unha “pésima xestión económica” ao incrementar cada vez máis a débeda do Concello que supera os 3 millóns de euros”.

Grueira censura o “descontrol” económico debido ás “cuestionables decisións” do alcalde que “prioriza os seus caprichos por riba das necesidades dos veciños e veciñas de Pol”.

Precisamente debido a ese descontrol, “inmobles adquiridos polo Concello e que o alcalde dicía que ía dirixir a vivendas sociais para as que non hai nin proxecto nin cartos consignados, están a caer e a perder valor”.

⚙ Configurar cookies
0.48082089424133