O PP de Pol promete a construción dun polígono

Pol
TerraChaXa
O candidato á Alcaldía de Pol, Artemio Carballés, promoverá a construción dun parque empresarial, pois este municipio é o único da comarca se esta infraestrutura.
IMG_7467[1]
22 Maio 2019

O candidato á Alcaldía de Pol, Artemio Carballés, promoverá a construción dun parque empresarial, pois este municipio é o único da comarca se esta infraestrutura. Así o adiantou o alcaldable durante o mitin organizado polos populares e no que estivo arroupado polo conselleiro de Emprego, Economía e Industria, Francisco Conde, o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, e o senador electo, José Manuel Barreiro.

Deste xeito, o cabeza de lista defendeu que se trata dunha actuación “de extraordinaria importancia, xa que servirá tamén para fixar poboación e revitalizar a economía local”. Neste senso, e dado que outros dos motores económicos deste concello son os sectores agrogandeiro e forestal, os populares apostan por ofrecer asesoramento para realizar os trámites administrativos a todos os veciños que queixan xuntar terras, axilizando con elo o proceso para o remate da concentración parcelaria de Santo Estevo e iniciar a de Suegos, así como por recuperar as masas comúns para poder empregalas como punto de almacenaxe e recollida de madeira.

Pola súa banda, Francisco Conde puxo en valor que “a alternativa de goberno que ofrece o PP pasa por deseñar programas de emprego, facilitar o día a día das empresas, autónomos e comerciantes, e por mellorar as infraestruturas e servizos públicos en materia de educación, dependencia ou sanidade”. Neste senso, defendeu que “queremos estabilidade”, pois “sabemos que experimentar con política non leva a ningunha parte”, ao tempo que defendeu que “os resultados que está a dar o modelo de planificación económica da Xunta do PP é o que temos que conseguir implantar nos 313 concellos de Galicia”. Proba delo, é que neste municipio, o Executivo de Feijóo investiu só en 2018 3,6 millóns de euros.

Por iso, engadiu, “o único pacto que nós propoñemos é cos galegos e as galegas, cos veciños e veciñas de cada concello, é o pacto de maiorías”.

0.19548892974854