O PP de Pol reclama investimentos na mellora das vías do termo municipal

Pol
LugoXa | TerraChaXa
A voceira destaca o investimento de máis de 120.000 euros para arranxar camiño en zonas de concentración parcelaria coma Torneiros
pista-concentracion-parcelaria-pol
5 Dec 2024

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, destaca que “a Xunta inviste na mellora dos camiños, mentres o alcalde malgasta o diñeiro de todos os veciños nos seus caprichos en vez de atender ao que realmente importa”.

A popular explica que “as pistas da parroquia de Torneiros xa están arranxadas grazas a unha subvención da Xunta de máis de 120.000 euros destinada á mellora de camiños nas zonas de concentración parcelaria”. É dicir, “a Xunta de Galicia inviste en Pol en beneficio dos veciños e veciñas, de mellorar as vías de comunicación que permiten desenvolver con normalidade o seu traballo diario”.
Grueira destaca que “esta é unha proba de que cando se inviste con sentido, o Concello gaña”. E, nese sentido, afirma que “dende o Partido Popular de Pol traballamos con compromiso e apostamos para facer o día a día máis sinxelo e seguro para todos os veciños”.

VÍAS MUNICIPAIS

Á vista de que as estradas municipais continúan en moi mal estado, as concelleiras do PP de Pol presentarán unha iniciativa para instar ao goberno local no vindeiro pleno a “buscar a mellor fórmula que permita levar a cabo súa reparación de forma inmediata”.

0.0970139503479