O PP de Ribadeo esixe un pleno extraordinario para clarexar o funcionamento da residencia de maiores

TerraChaXa | AMariñaXa
O Grupo Municipal do PP de Ribadeo vén de rexistrar unha solicitude para a convocatoria dun pleno extraordinario sobre o funcionamento da residencia da terceira idade como único punto da orde do día.
26 Xul 2019

O Grupo Municipal do PP de Ribadeo vén de rexistrar unha solicitude para a convocatoria dun pleno extraordinario sobre o funcionamento da residencia da terceira idade como único punto da orde do día.
O voceiro dos populares, Daniel Vega, sinala que “ante o silencio absoluto como resposta á nosa solicitude de convocatoria dunha reunión da xunta de portavoces, procedemos agora a dar un paso máis para que o Goberno local nos aclare a situación real do funcionamento dos distintos servizos da residencia de maiores do municipio”. 
Vega indica que “o rexedor do BNG é o responsable de que a residencia -de titularidade pública municipal, recorda- estea a funcionar sen servizo de gas, secadora e prancha”. Os populares esixen respostas sobre os procedementos de contratación destes servizos e o actual desempeño deses labores. Pero, entre as preguntas que trasladan a Fernando Suárez a través da solicitude dun pleno extraordinario atópase tamén o ratio de persoal; xa que “para o PP de Ribadeo é moi importante coñecer se se cumpre o índice legalmente establecido de número de traballadores por usuario ou usuaria”.
Consideran dende o PP ribadense que “se trata dunha falta de respecto aos grupos da oposición e, polo tanto, tamén a tódolos veciños e veciñas o feito de que o señor Suárez non respondera á petición do Grupo Popular pola que solicitabamos a reunión da xunta de portavoces”. Polo tanto, coa solicitude dun pleno extraordinario amparada por máis dunha cuarta parte dos concelleiros da Corporación, “o Goberno local nacionalista terá que responder ante todos e todas”.

0.17945218086243