O PP de Vilalba condena o abandono do MUPAV e "os incumprimentos" sobre a súa apertura

TerraChaXa
Os populares advirten do “estado de abandono” das instalacións debido á “ausencia total de labores de mantemento”
estado-abandono-do-mupav-pp
21 Jan 2026

O PP denuncia o abandono do Museo da Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV) por parte do goberno bipartito de PSOE e Vilalba Aberta, a pesar de que a concellería de Cultura (Vilalba Aberta) anunciara fai ano e medio que o ía abrir. Pero, “a pesar de prometer buscar unha solución, a realidade é que o museo segue exactamente igual: pechado e abandonado”.

Os populares urxen ao Concello a acondicionar e poñer en funcionamento o MUPAV porque cren que “é unha auténtica vergoña que un municipio cabeza de comarca con historia, patrimonio e potencial cultural descoide un importante equipamento cultural” que leva anos sen actividade.

“É inadmisible que o museo non estea operativo, aberto á cidadanía e aos visitantes enriquecendo a actividade cultural de Vilalba pola falta de xestión e ao abandono por parte do goberno municipal”, manifestan.

Os populares advirten, ademais, do “estado de abandono” das instalacións con humidades que se poden apreciar desde o exterior “ofrecendo unha imaxe deplorable de Vilalba” pola “ausencia total de labores de mantemento. O MUPAV sofre así as mesmas consecuencias que outras instalacións culturais e deportivas do municipio”.

“Este é un claro exemplo de como o bipartito de PSOE e Vilalba Aberta tratan o noso patrimonio cultural e os recursos públicos dos que dispón o noso Concello”, conclúen.

⚙ Configurar cookies
0.092756032943726