O PP de Vilalba continúa coas súas reunións co colectivo da música e da danza
O PP de Vilalba mantivo unha xuntanza con representantes das asociacións e agrupacións musicais e de danza do municipio dando continuidade á súa rolda de reunións con distintos colectivos e representantes de asociacións veciñais, sociais, culturais, deportivas ou empresariais.
Á xuntanza que tiña como obxectivo coñecer máis de preto a súa situación e as súas necesidades e, ao mesmo tempo, recoller as súas propostas e suxestións asistiu a presidenta, Sandra Vázquez, xunto ao secretario de organización, José Antonio Pita, e a vicesecretaria de Cultura e Educación, Patricia Teijeiro.
Vázquez: “Tomamos nota das súas reivindicacións, que nalgúns casos coinciden con asuntos que o Grupo Municipal Popular xa ten levado ao pleno, e quedamos á súa disposición para calquera cuestión na que poidamos colaborar. Igual que co resto de entidades, asociacións e colectivos porque, entre todos, construímos Vilalba”