O PP de Vilalba defende os 750.000 euros de investimento da Xunta no concello

TerraChaXa
Cunha axuda o Concello poderá proceder á organización e dixitalización do arquivo municipal e ao mantemento e mellora das zonas verdes
finca-solares-limpeza-herba
Zona de Vilalba sen limpar
23 Ago 2024

Os concelleiros do PP de Vilalba destacan os case 750.000 euros que a Xunta de Galicia destina ao Concello de Vilalba dentro de 3 subvencións.

A primeira das axudas concedidas é para o obradoiro de emprego, compartido con Abadín, e que ten un importe de 410.000 euros. A través desta axuda desenvolveranse dúas actuacións.

A primeira, a organización e dixitalización do arquivo municipal de Vilalba mentres que a segunda será o mantemento e mellora dos xardíns e zonas verdes. Ademais destinaranse outros 30.000 euros en incentivos para fomentar a contratación.

A segunda das subvencións concedidas é unha axuda de máis de 193.000 euros, con cargo ao fondo de compensación ambiental da Xunta de Galicia. Con esta axuda o Concello de Vilalba contratará persoal para o acondicionamento da área recreativa da Madalena, ademais de adquirir a maquinaria necesaria para realizar estes traballos.

A terceira das axudas é para o arranxo de camiños e pistas rurais nas parroquias de Alba, Belesar, Román e Rioaveso, con cargo ao plan de camiños da Xunta de Galicia e ten un importe de máis de 110.000 euros.

0.13522505760193