O PP de Vilalba denuncia graves deficiencias nos campos de fútbol

O Partido Popular de Vilalba lamenta profundamente a situación vivida no Estadio da Madalena durante o último encontro celebrado esta fin de semana. As liñas do terreo de xogo non estaban pintadas correctamente, o que obrigou a realizar unha parada dun minuto para corrixir esta falta de mantemento.
“É inadmisible que un encontro oficial teña que deterse porque o Concello non cumpre co básico: ter o campo en condicións. O que aconteceu na Madalena é unha mostra clara da deixadez na xestión das instalacións deportivas”, afirman os populares.
Esta incidencia pon de manifesto a deficiente coordinación e xestión por parte do Concello, responsable directo do mantemento das instalacións municipais.
Do mesmo xeito, dende o PP de Vilalba denuncian que no campo de fútbol de herba artificial, varios nenos víronse obrigados a ducharse con auga fría debido á falta de previsión e mantemento das caldeiras.
“Non é de recibo que nenos teñan que ducharse con auga fría pola falta de mantemento das caldeiras. Falamos dun servizo mínimo que o Concello ten a obriga de garantir”, sinalan dende o PP vilalbés.
Dende o PP consideran esta situación particularmente grave, pois afecta a menores e pon en evidencia unha falta total de planificación.
“O Concello debe reaccionar de inmediato. Non pode volver repetirse nin un campo de fútbol sen marcar nin unhas duchas sen auga quente. Pedimos responsabilidade e unha planificación seria”, engaden dende as filas populares
O Partido Popular solicita ao goberno local que tome medidas urxentes para evitar que estes feitos se repitan e para garantir unhas instalacións municipais á altura do que merecen clubs, deportistas e familias de Vilalba.