O PP de Vilalba designa a Sandra Vázquez como a nova voceira

TerraChaXa
Baamonde sinala que a súa decisión responde a “un paso lóxico e necesario neste momento que encaramos o último terzo do mandato municipal”.
Reunion do Grupo Municipal Popular vilalba
22 Out 2021

Baamonde sinala que a súa decisión responde a “un paso lóxico e necesario neste momento que encaramos o último terzo do mandato municipal e o PP de Vilalba, para constituírse en alternativa de poder, necesita consolidar un proxecto político que dea resposta á actual realidade social de Vilalba artellado a través de ideas, persoas e voces novas”.

A deputada autonómica e presidenta da xestora do PP de Vilalba, Sandra Vázquez, asumirá a portavocía do Grupo Municipal Popular no municipio. Así o acordaron os concelleiros durante unha xuntanza despois de que o actual portavoz, Agustín Baamonde, manifestara a súa vontade de deixar esa labor.

Baamonde explica a súa decisión sinalando que “é un paso lóxico e necesario no momento actual porque encaramos o último terzo do mandato municipal e o PP de Vilalba para constituírse en alternativa de poder necesita consolidar un proxecto político que dea resposta á actual realidade social de Vilalba artellado a través de ideas, persoas e voces novas”.

A presidenta da xestora do PP local agradece moi especialmente a Baamonde non só a súa dedicación como voceiro dende o 2019; senón tamén como parlamentario e alcalde: “Agustín Baamonde foi un gran alcalde para o noso municipio como demostran todos os proxectos e obxectivos conseguidos para Vilalba grazas ao seu labor. E, agora, temos a honra de seguir contando con el no Grupo Municipal Popular estando na oposición”, engade.

Vázquez comprométese a traballar para “defender os intereses da sociedade vilalbesa” e, nese sentido, agradece o apoio e a confianza dos compañeiros no Grupo Municipal Popular, que seguirán contando co traballo e a experiencia de Baamonde porque “temos o orgullo de poder contar cunha persoa con agradable sintonía”.

A presidenta da xestora explica que “Vilalba necesita un proxecto político novo e de futuro que sitúe ao noso municipio onde ten que estar: na vangarda e no avance”. Así o manifestan ante o que consideran “unha parálise continua do goberno local socialista totalmente descoordinado coa sociedade vilalbesa: sen as axudas aprobadas para os autónomos e comerciantes afectados pola covid, sen un compromiso por un polígono industrial avanzado como se merece e sen un rural activo e vivo que é o que necesita Vilalba”.

En definitiva, “dende o PP vilalbés defendemos un proxecto que avance co tempo e cos días que nos toca vivir, sempre en contacto directo cos veciños que son os que nos trasladan a necesidade dun cambio, que Vilalba siga o seu percorrido e deixe de estar no vagón da cola con respecto ao resto de vilas da provincia”, engadiu.

0.19540286064148